Ras Rubias

quinta-feira, novembro 09, 2006

FOLGA 8 NOVEMBRO 2006

A Mocidade da Mesa pola Normalización convocou para o 8 de novembro un paro en defensa do galego no ensinoUn dos obxectivos principais é o cumprimento da Carta Europea das Linguas, pola que debería estar garantido o dereito ao ensino en galego.
Francisco Rei, da Mocidade pola Normalización e Iria Taibo, responsábel nacional desta organización, presentaron en conferencia de imprensa a convocatoria de paro para o 8 de novembro. Xustificaron a convocatoria pola falta de aplicación das medidas legais vixentes a respecto do galego no ensino medio, que protexen os dereitos dos estudantes. Os representantes da Mocidade pola Normalización explicaron a variedade de textos legais que indican que a presenza do galego nas aulas de ensino medio debería ser moito maior do que é, e a inconcreción por parte das autoridades educativas á hora de respectar estas normas. Falaron de “medidas propagandísticas” e de “falta de respecto aos dereitos lingüísticos dos estudantes” por parte da Consellaría de Educación. Desde a Mocidade da Mesa pola Normalización Lingüística lembran que xa en 2004 se producira unha mobilización en protesta polo incumprimento do Decreto 247/95, que marca as materias que deben ser impartidas en galego. Ademais, no propio ano 2004 foi aprobado o Plan de Normalización Lingüístico co apoio dos tres grupos do Parlamento galego. Neste Plan establecíanse varias medidas nas que apenas se avanzou.A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias foi ratificada en 2001 no Congreso dos Deputados, é un tratado de obrigado cumprimento que garante, por exemplo, o dereito dos galegos e as galegas a recibiren o ensino na lingua de Galiza. O Consello de Europa xa chamou a atención á Xunta en 2005 pola non aplicación deste tratado, mais a día de hoxe non houbo ningún movemento desde a Consellaría de Educación nesa dirección.A Mocidade pola Normalización Lingüística quere demostrar á Conselleira a través do paro convocado para o 8 de novembro que o estudantado galego é consciente dos seus dereitos e non está disposto a que continúen a ser ignorados.

segunda-feira, outubro 30, 2006

ARREDOR DE SI

Publicada no 1930, cando o seu autor tiña 42 anos, “Arredor de si” é unha novela imprescindible para comprender a evolución da narrativa galega no sé#### XX. A novela de Otero Pedrayo tamén se pode considerar a biografía espiritual dos homes da xeración Nós. O seu protagonista, Adrián Solovio, é un dos personaxes que xa figuran no patrimonio literario galego. A súa historia é a da procura da identidade, a da descuberta do que representa Galicia como realidade con carácter e existencia de seu. Rexa, ben construída, cunha prosa efectiva que transmite ao lector unha gran capacidade para visualizar a narración a través dun estilo directo, de frase curta, “Arredor de si” conseguiu situar a novela galega na vangarda da época.


quarta-feira, junho 15, 2005

COMO ANDA ESTE REGATO!!!



ola raniñas do regatos: aquí estamos para falarvos de...... por exemplo..... a situación do galego no regato de Vila de Cruces. É incribel como falan algunhas moscas e mosquitos!!!! Estamos en Galiza, ao pé do Val do Ulla, zona onde case sempre se falou galego, a nosa lingua natal e algunha xente fala castelán. A miña pregunta (ranº2) é :¿porqué? e a da ra nº1 é: ¿Como se entende? a verdade é que nos parece sorprendente que algunha xente fale so castelán por facerse máis importante ou porque se avergonce da nosa lingua. E aquí na maioría das lagoas deste regato fálase galego pero nalgunhas por exemplo na lagoa principal falan castelán. É algo que non entendemos e que nunca chegaremos a entender.
¿Cal é a vosa opinión???? Facede 1 comentario.
bicos de Ra.

segunda-feira, junho 13, 2005

A REGUEIFA DA "CROA-CROA"

aqui estamos duas ras
duas ras moi maduras
que teñen gana de troulear
cos amiguiños do regato
que ben o imos pasar!!!!!!!!!!!!!

non vos perdades a festiña
que evos moi interesante
un ligue por aqui
e un trago por ala

la la larala la la laral
croa croa croa croa a

segunda-feira, junho 06, 2005

Hoxe toca ¡Festa!

Olaaaaaaaaaaaaaaaaa! bueno somos as dúas ras de sempre ra 1 e ra2.
queremosvos anunciar que está chegando o verán e todo é festa.
empezamos en Xuño o 10 e acabaremos o 31 de agosto. Apuntádesvos?
o venres que ven iremos a Sabrexo, acabaremos as 5 da mañá e como? eso so o saberemos ese día. Despois non nos podemos olvidar de Carbia, que tamen estaremos ata as tantas, non falledes!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
e por agora xa está ben de festas ou vos que creedes?
por último intentaremos facer unha festa no regato na que vos invitaremos a todos os bichiños que nos seguides!
nesa festa poderedes ligar, cantar, bailar, papar e sobre todo cantar a regueifa tradicional o "Croa- Croa", ¿coñecedela?
se a queredes por escrito seguídenos e escribiremola.
bueno esperamos que non a perdades e ata logo raniñas...!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

quinta-feira, junho 02, 2005

¿Din a verdade??

Ola son a ranita número 2, e aquí estou pa contarvos algo que eu considero bastante interesante.Tranquilos que non vos vou aburrir moito.Vouvos falar un pouco dos medios de comunicanción. Vos credes que din sempre a verdade? eu sinceramente creo que non. Para min que moitas veces non nos mostran a realidade por medo a que alguén os denuncie ou que algúen os ameaze. Pero por moito medo que se teña eu creo que se devería decir o que en realidade pasa e non ocultalo porque despois é cando veñen os verdadeiros problemas. Decide a verdade sempre, por moi mala que sexa, sempre vai facer moito menos danno ca unha mentira!! Oh! estoume poñendo filosófica e non é plan. Ata outro día bichitos seguidores das RasRubias.
Bikos de rana.
http://images.google.es/images?q=tbn:j9pAcmSi96kJ:es.catholic.net/catholic_db/imagenes_db/familia_y_vida/medios-comunicacion.jpg">

segunda-feira, maio 30, 2005

Sabedes de literatura? vai algo sobre Lupe Gómez

LUPE GÓMEZ!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Preséntome como a Ra rubia nº1, chamada Lucía, vouvos falar un pouco de Lupe Gómez, que é unha das miñas autoras favoritas.
xa sei que esto o mellor é un pouco aburrido porque é información, pero a parte de toda a carallada hai que estudiar ou non?, ¿vos que pensades amigos do regato?.
Lupe, unha nena moi silenciosa, moi alegre, moi forte. Buscando sempre, na súa vida, a liberdade escura e azul dos elefantes. Naceu nunha terra chamada Fisteus, unha aldea bonita onde a natureza brillaba. Ela ía coas vacas, en paz, e berraba na escola. Todo era sangrar. Todo era bonito, limpo. Bailar. Rompía a gorxa e volver a amar, con ollos limpos, novos. Sentía, dende nena, que todo era demasiado grande, e que non había sitio para min. A veces tivo que chorar, tolear. A veces sufrir, e levantar os ollos no sitio dos mapas. A veces facer circunferencias nos campos e levantar a saia e ensinar o sexo, a sinceridade, as bragas. Escribir, dende sempre, para recuperarse, para levantar os ollos, para soportar o mundo, para voar, para romper a realidade. Facer poesía, como quen fai barcos. Construir o sexo, a cerámica. Facer nos seus ollos unha risa moi escandalosa, moi libre, moi alta. Bailar cos seus amigos na aldea. Na aldea que naceu expulsarona.
Unha das obras de Lupe Gómez é Fisteus era un mundo é o seu libro máis alegre, o máis optimista, o máis sincero. É un libro moi vivido. Unha narración-poema feita coa súa vida, cos seus sentimentos. Querida Uxía vai dirixido para os nenos, e está escrito coa súa fantasía e co seu amor.
gustouvos? espero que si, asique hoxe foi un texto formal e mañá será FESTA! VIVAN OS BICHOS DO REGATO.
Bikiños a todos os do noso mundo. LUCIA CARBALLAL.